Inicio Galicia Ourense A Xunta inicia en Ourense o traballo de campo para deseñar o...

A Xunta inicia en Ourense o traballo de campo para deseñar o novo Plan Estratéxico do Turismo Rural de Galicia

0

Impulsado por Turismo de Galicia, permitirá fixar as estratexias futuras dun segmento turístico en alza, que acumula catro anos de crecemento de demanda

Cumprindo coa Estratexia do turismo de Galicia 2020 e tras a adxudicación da elaboración do Plan Estratéxico do Turismo Rural de Galicia, a Xunta iniciou esta semana na provincia de Ourense o traballo de campo para avanzar no deseño deste novo documento. A intención é fixar as liñas, retos e oportunidades futuros dun segmento turístico en alza que acumula catro anos consecutivos de crecemento de demanda permitíndolle marcar en 2017 un máximo histórico con preto de 450.000 noites e 200.000 viaxeiros.

Despois de celebrar a primeira das sesións onte en Verín e Xinzo de Limia, para os representantes das administracións locais e axentes turísticos dos xeodestinos Verín-Viana e Celanova-Limia, hoxe pola maña foi a quenda dos profesionais e entidades locais do xeodestino Terras de Ourense e Allariz, e pola tarde tocoulle ao xeodestino do Ribeiro, cunha sesión de traballo en Ribadavia á que asistiu a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira. A provincia de Ourense acollerá outra sesión o venres 13 en A Veiga, para o xeodestino Manzaneda-Trevinca.

Leer más:  Una persona fallece en un incendio en su casa en O Valadouro (Lugo)

Durante as xornadas puidéronse obter datos cualitativos e cuantitativos sobre este xeodestino que o ano pasado rexistrou un incremento dun 7% na súa demanda turística hoteleira. Da man dos axentes implicados coñecéronse cuestións como os servizos que ofrece, a mobilidade, a necesidade de dotación de infraestruturas, a situación de acceso a internet, a oferta enogastronómica e de actividades complementarias neste xeodestino, así como o peso dos establecementos rurais, entre outros temas.

Enquisas e entrevistasÁs cinco que se celebran estes días na provincia de Ourense sumaranse outras dez máis por toda a xeografía galega durante este mes de abril. Desde o mércores as sesións celebraranse na provincia de Lugo, con mesas de traballo na cidade de Lugo, en Foz, Monforte de Lemos e Folgoso do Courel. A provincia da Coruña terá sesións a partir do día 16 na cidade da Coruña, en Muxía e en Arzúa. Na de Pontevedra están convocados en A Estrada, na cidade de Pontevedra e en Mos.

Xunto a estas sesións de traballo, estas primeiras fases de elaboración do Plan Estratéxico de Turismo Rural de Galicia realizaranse enquisas aos establecementos de turismo rural, así como entrevistas individuais e presenciais. Tamén se recompilará a opinión de expertos e especialistas do sector académico, persoal das denominacións de orixe de alimentos e consellos reguladores do viño, así como representantes de asociacións de turismo rural, turismo activo, gastronómicas, de enoturismo, Rutas do Viño e rutas BTT.

Leer más:  Rueda argumenta que su objetivo era formar un Gobierno "horizontal" y que no requiere "un refuerzo" después de la victoria del 18F

- Te recomendamos -