Inicio Galicia A Xunta inicia con normalidade as probas do primeiro proceso de funcionarización

A Xunta inicia con normalidade as probas do primeiro proceso de funcionarización

0
image_gallery.jpg

A porcentaxe de participación esta mañá foi do 93%


A Xunta de Galicia vén de iniciar con normalidade as probas do primeiro proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo da Administración pública galega no recinto da Feira Internacional de Silleda en Pontevedra. Esta mañá tivo lugar o exercicio para funcionarizar ao persoal laboral do grupo V na agrupación profesional de persoal funcionario (AP) cunha porcentaxe de participación do 93%. Do total de persoas convocadas (136), presentáronse finalmente 126.

A primeira quenda da xornada de inicio das probas transcorreu sen incidencias e o exame desenvolveuse con total normalidade. Pola tarde, continuarán os exercicios para a funcionarización do grupo I de persoal laboral no grupo A1 de persoal funcionario e do grupo III no grupo C1 de persoal funcionario. Mañá domingo, realizaranse as probas para funcionarizar ao grupo II de laborais no grupo A2 e xa pola tarde, será a quenda dos exames de funcionarización do grupo IV de persoal laboral no grupo C2 de persoal funcionario.

A funcionarización é un proceso de carácter voluntario que habilita ao persoal laboral fixo incluído no ámbito de aplicación do Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta que superou un proceso selectivo para ter esa condición de persoal laboral fixo, para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira a través dun procedemento selectivo específico. A finalidade deste procedemento é unificar o réxime xurídico aplicable ao persoal que presta servizos na Administración da Xunta de Galicia. Máis do 95% dos profesionais laborais fixos da Xunta solicitaron acollerse a este proceso.

Probas con garantías sanitarias e operativo de seguridadeO proceso selectivo que deben superar os participantes é o de concurso-oposición, tal e como se establece no Estatuto do Empregado Público (EBEP). En todo caso, trátase dunha proba de características diferentes ás establecidas para un proceso selectivo ordinario pois non é un proceso de carácter competitivo como sucede nun proceso selectivo de acceso libre, senón restrinxido para o persoal laboral fixo da Xunta.

As probas, realízanse con todas as garantías sanitarias en base ao protocolo autorizado pola Dirección Xeral de Saúde Pública. Os aspirantes deben acudir sos (salvo que precisen asistencia) e presentarse á hora indicada na convocatoria, non con antelación; deben gardar en todo momento a distancia de seguridade; é obrigatorio o uso de máscara durante todo o proceso e o emprego de xel hidroalcohólico para entrar nos pavillóns.

Ademais, un operativo formado por 142 persoas controlará durante toda a fin de semana as probas deste primeiro proceso de funcionarización da Xunta. O recinto feiral de Silleda disporá tamén dunha ambulancia, habilitada pola Administración galega para atender calquera incidencia que se puidese producir durante a realización das probas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre