Inicio Galicia A Xunta inicia as obras dunha senda peonil que facilitará o acceso...

A Xunta inicia as obras dunha senda peonil que facilitará o acceso á nova estación do AVE na Gudiña

0

A actuación, adxudicada por 48.100 euros e cun prazo de execución de tres meses, consistirá na construción dunha senda pola marxe esquerda da estrada OU-533


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de construción dunha senda peonil na estrada OU-533 para facilitar o acceso á nova estación do AVE, no concello da Gudiña.

Estas actuacións, adxudicadas á empresa Consernor S.

L. por un importe de 48.100 euros, teñen un prazo de execución de tres meses.

Os traballos consistirán na construción dunha senda de formigón pola marxe esquerda da estrada OU-533, desde o punto quilométrico 0+070, no paso baixo o ferrocarril, ata as proximidades da localización da futura estación Porta de Galicia.

O itinerario terá unha anchura de 2,50 metros desde o inicio e ata o punto onde abandona a marxe da estrada e pasa a discorrer máis afastada, aproveitando a antiga calzada, onde, ao dispoñerse de máis espazo, se ampliará ata os 3 metros.

Este proxecto mellora a accesibilidade á nova estación, se ben cómpre que se resolva a súa continuidade por parte de ADIF nos terreos internos da terminal e no paso inferior, que provoca un estreitamento e unha redución de gálibo que debe ser solucionada. A Xunta xa lle trasladou esta cuestión a ADIF, sen ter obtido ata agora resposta positiva.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre