Inicio Galicia A Xunta inicia as obras dunha senda peonil na estrada PO-214, no...

A Xunta inicia as obras dunha senda peonil na estrada PO-214, no concello de Pontecesures

0

Esta actuación, adxudicada por un importe de case 50.000 euros, ten un prazo de execución de dous meses


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar a execución dunha senda peonil na estrada PO-214, no Concello de Pontecesures.

Esta actuación, adxudicada por un importe de case 50.000 euros, ten un prazo de execución de dous meses.

O itinerario facilitará a mobilidade dos peóns en condicións máis seguras e sustentables, pois actualmente este tramo non conta con zona de circulación independente do tráfico rodado.

Construirase unha senda peonil na marxe dereita desta vía autonómica, entre os puntos quilométricos 0+650 e 0+860.

A senda, cun ancho de 1,80 metros e elevada 10 centímetros sobre a calzada, dispón de pavimento de formigón reforzado con mallazo. No contacto coa calzada colocaranse bordos de formigón.

Na parte que linda cos peches existentes disporase un bordo de xardín para separar a senda destes e conter o recheo, a excepción do tramo entre os puntos quilométricos 0+757 e 0+860.

Entre o bordo que delimita a senda e a propia calzada executarase unha pequena beiravía de formigón, cuxo ancho variará en función do espazo que se dispoña en cada punto. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre