Inicio Galicia A Xunta inicia as obras de reforma integral e mellora da eficiencia...

A Xunta inicia as obras de reforma integral e mellora da eficiencia enerxética no instituto Muralla Romana de Lugo

0

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, avanzou que os traballos contan cun investimento de 834.000 euros


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de iniciar no día de hoxe as obras de reforma integral -mellora da eficiencia enerxética e funcional- no instituto Muralla Romana, emprazado no barrio da Piringalla da capital luguesa.

Os traballos contan cun orzamento de preto de 834.000 euros e desenvolveranse nos próximos tres meses, aproveitando as vacacións escolares para evitar interferencias no funcionamento ordinario do centro.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, acompañado de persoal técnico da consellería e da empresa adxudicataria, mantivo un encontro co equipo directivo do centro co fin de asinar a acta que certifica o comezo da execución das obras e dar conta dos traballos previstos.

O IES Muralla Romana abriu as súas portas en 1985 -hai 34 anos-, tempo durante o cal se levaron a cabo obras de ampliación e renovación da cuberta. Con todo, a intervención que se inicia hoxe é moito máis ambiciosa por canto supón unha reforma interior e exterior das instalacións, centrada de xeito especial nos espazos máis antigos (zona de aulas, planta baixa e 1º e 2º andar)Edificio máis eficiente e modernoEntre os traballos previstos está a mellora do sistema de illamento térmico da envolvente do edificio, tanto na totalidade das fachadas como na cuberta, así como a substitución de todas as fiestras e as caixas das persianas e a renovación das canalizacións de augas pluviais.

Xa no interior, a obra contempla a modernización da carpintería e renovación total das luminarias existentes por novos equipos con tecnoloxía LED moito máis eficiente, e incorporará reguladores de luz e detectores de presenza en corredores e zonas comúns.

Tamén está prevista a substitución da caldeira actual por dous que empregarán como combustible biomasa e a construción dun silo para o subministro deste material moito máis ecolóxico e eficiente.

Con todos estes traballos, acadarase unha sensible mellora das condicións de eficiencia enerxética das instalacións, cun aforro nos consumos de enerxía non renovable estimado nun 81% respecto da situación actual, ademais dun notable incremento do confort térmico.

Finalmente o proxecto inclúe a modernización das aulas mediante a incorporación de falsos teitos e o acondicionamento e pintado dos parámetros interiores. Desenvolverase tamén a remodelación integral dos baños, incluíndo novos elementos (urinarios, lavabos e inodoros) e novo pavimento e azulexos.

Ampla oferta educativaO IES Muralla de Lugo contou no curso que finalizou con máis de 900 alumnas e alumnos e oferta o vindeiro ano ensinanzas de ESO, Bacharelato, FP Básica e ciclos formativos de grao medio e superior nas familias profesionais de Administración e xestión, Imaxe persoal, Informática e comunicacións, así como un ciclo de FP Dual no ciclo de grao superior en Estética integral e benestar, en colaboración con Inversiones Hoteleras de Galicia, S.

LObras complementarias no edificio contiguoPolo que respecta ao edificio anexo ao instituto, que inclúe os talleres de formación profesional, a Xunta está a traballar tamén nun proxecto adicional, presupostado en 410.000 euros e que servirá para ampliar e mellorar os espazos que emprega o alumnado de diversas especialidades relacionadas coa imaxe persoal. Tamén se dotará de cuberta un espazo de xogo que hai no recinto.

Este proxecto está en fase de licitación, polo que se desenvolverá máis adiante, porque afecta a outro edificio. A actuación consistirá no cambio de emprazamento do novo taller no local destinado actualmente a ximnasio e situar este na pista cuberta.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre