Inicio Galicia A Xunta inicia as obras de mellora na estrada LU-155 entre Outeiro...

A Xunta inicia as obras de mellora na estrada LU-155 entre Outeiro de Rei e Castro Riberas de Lea que se prolongarán durante a próxima semana

0

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, acompañado dos alcaldes de ambas localidades comprobaron o desenvolvemento dos traballos promovidos pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda


A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de iniciar as obras de mellora da estrada autonómica LU-115 que une os termos municipais de Outeiro de Rei e Castro de Rei.

Trátase dun treito bastante concorrido, pois ademais de servir de unión entre as capitalidades de ambos municipios, tamén o empregan multitude de vehículos pesados con orixe ou destino nos parques industriais contiguos á estrada.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado dos alcaldes de Outeiro de Rei, José Pardo, e de Castro de Rei, Francisco Balado, visitaron os espazos nos que están a desenvolverse os traballos.

As obras consisten fundamentalmente na mellora do firme naqueles puntos nos que presenta maior deterioro, así como na introdución de varios elementos que contribúen a reforzar a seguridade viaria e o mantemento de vía.

Outeiro de ReiEn concreto, no termo municipal de Outeiro de Rei, actuouse na intersección da estrada autonómica LU-115 coa nacional VI, con mestura asfáltica nova. Tamén está previsto actuar nas tres glorietas do polígono industrial da localidade, mellorando o firme existente na calzada anular.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

Finalmente tamén neste municipio, hai prevista a construción dun paso de peóns sobreelevado como medida para limitar a velocidade de paso de vehículos na travesía e garantir a seguridade dos viandantes. De xeito complementario procederase ao reforzo da sinalización vertical.

Castro Riberas de LeaXa no termo municipal de Castro de Rei, as obras concentraranse no treito urbano que sirve de acceso a Castro Ribeiras de Lea e consistirán na mellora do firme, unha actuación que tamén está prevista en varios puntos xunto ao polígono industrial da localidade. As obras inclúen a execución dun paso de peóns e o reforzo da sinalización vertical, que mellorarán sensiblemente o estado deste percorrido.

Os traballos executaranse con cargo ao contrato de conservación ordinaria e vialidade da zona norte da provincia, do que é adxudicatario a empresa Copasa. As tarefas de conservación e explotación de estradas teñen por obxecto o mantemento do patrimonio viario en condicións adecuadas, de xeito que permita unha circulación o mais segura, cómoda e fluída posible. 


- Te recomendamos -