Estas actuacións nas contornas dos hospitais Naval, Arquitecto Marcide e Nóvoa Santos supoñen un investimento de 200.000 euros e teñen un prazo de 5 meses
A Xunta vén de iniciar as obras de mellora dos aparcamentos e as vÃas de acceso aos hospitais de Ferrol.
Estas actuacións nos accesos aos hospitais Naval, Arquitecto Marcide e Nóvoa Santos, supoñen un investimento de 200.000 euros e dispoñen dun prazo de execución de 5 meses.
As obras forman parte do contrato máis amplo co que se impulsan acondicionamentos similares nas contornas de centros hospitalarios públicos da provincia, cun investimento global de 1 millón de euros.
No caso de Ferrol, os traballos céntranse nos viarios e aparcamentos, fundamentalmente na renovación do firme e na reparación das beirarrúas deterioradas.
O obxectivo das obras é reforzar a seguridade viaria e a accesibilidade nos contornos destes hospitais, favorecendo a mobilidade, tanto de pacientes como de todo o persoal sanitario que se achega cada dÃa ás instalacións destes hospitais ferroláns.
As obras no Hospital Naval implicarán a renovación do firme do vial perimetral, de preto de 1 km de lonxitude, ademais de actuar sobre uns 5000 m2 dos aparcamentos. No caso dos hospitais Arquitecto Marcide e Nóvoa Santos, as actuacións prevén a renovación do firme nos treitos máis deteriorados.
Ademais a intervención inclúe a mellora da sinalización interior e exterior dos tres hospitais.
A execución destes traballos está coordinada cos responsables do Sergas, analizando as necesidades de actuacións, polo que as obras realizaranse de xeito compatible cos equipos técnicos sanitarios para interferir o menos posible na actividade hospitalaria.
No caso concreto das actuacións no centro hospitalario Arquitecto Marcide serán coordinadas coas obras de ampliación que están en execución dende o pasado outono.