Inicio Galicia A Xunta inicia as obras de mellora do firme na travesía de...

A Xunta inicia as obras de mellora do firme na travesía de Seoane do Courel, no concello de Folgoso, para incrementar a seguridade viaria

0

Estas actuacións están recollidas nun contrato adxudicado por case 50.000 euros e teñen un prazo de execución de seis semanas

A Xunta inicia hoxe as obras de mellora do firme na travesía da estrada LU-651, no núcleo de Seoane do Courel, no concello de Folgoso do Courel, co fin de incrementar a seguridade viaria na contorna.

Estas actuacións están previstas nun contrato adxudicado por máis de 48.000 euros e cun prazo de execución dunhas seis semanas. A empresa encargada de acometer os traballos será OVISA Pavimentos y Obras, S.

L.

U.

As obras consistirán no estendido dunha nova capa de rodadura no citado tramo, así como na construción de beirarrúas e a instalación dun treito de varanda de madeira fixada no muro.

Actualmente a Xunta está a tramitar tamén o procedemento de participación pública no trámite ambiental do proxecto de mellora da estrada Quiroga- Seoane (LU-651), no treito entre a saída de Folgoso e Seoane do Courel.

O proxecto, cuxa execución está estimada en case 10 millóns de euros cun desenvolvemento previsto en varias fases, ten como obxectivo o acondicionamento da estrada LU-651, no tramo comprendido entre o punto quilométrico 21+600 e o 35+670, é dicir, nunha lonxitude duns 14 quilómetros.

Esta actuación contempla a ampliación da sección da estrada, que pasará de ter 5 metros a aproximadamente uns 7 metros. Para isto, será necesario ampliar 11 pontóns, conservando os muros existentes para minimizar a afección desde o punto de vista ambiental.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre