Inicio Galicia A Xunta inicia as obras de mellora do firme na estrada autonómica...

A Xunta inicia as obras de mellora do firme na estrada autonómica AC-440, no concello de Muxía

0
image_gallery.jpg

Esta actuación, cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros, conta cun prazo de execución de 1 mes


A Xunta vén de iniciar hoxe as obras de mellora do firme na estrada autonómica AC-440, ao seu paso polo concello de Muxía.

Os traballos, adxudicados á empresa Construcciones López Calo, S.

L por un importe de máis de 48.000 euros, conta cun prazo de execución de 1 mes.

Esta obra inclúe actuacións na contorna da curva situada no punto quilométrico 7+800, así como nos treitos desta vía entre os puntos: 11+020 e 11+080, 11+500 e 11+540, 11+800 e 12+300. Os traballos céntranse no fresado e a reposición da capa de rodaxe do firme nos ámbitos sinalados. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa traballando no mantemento e conservación da rede viaria autonómica coa fin de reforzar a seguridade e potenciar o desenvolvemento económico e social.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre