Inicio Galicia A Xunta inicia as obras de mellora do firme en varias estradas...

A Xunta inicia as obras de mellora do firme en varias estradas autonómicas nas comarcas de Arzúa, Terra de Melide e Betanzos

0
image_gallery.jpg

A actuación, cun investimento de máis de 1,1 millón de euros, conta cun prazo de execución de 5 meses


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de mellora do firme en varias estradas de titularidade autonómica nas comarcas de Arzúa, Terra de Melide e Betanzos. Esta actuación, cun investimento de máis de 1,1 millón de euros, conta cun prazo de execución de 5 meses. O obxectivo da intervención é a mellora das condicións de circulación nas estradas de titularidade autonómica AC-231, ao seu paso polos municipios de Aranga, Curtis e Sobrado, e na estrada AC-840, en Betanzos, Oza-Cesuras, Curtis, Vilasantar e Boimorto.

O contrato recolle a rehabilitación do firme nos tramos que presenten carencias, mediante o fresado e a reposición do firme con mestura bituminosa en quente ou o seu recrecido con microaglomerados segundo as necesidades. Así mesmo, prevese a limpeza de cunetas e a reposición de sinalización horizontal. Tamén se inclúen as melloras de sinalización vertical ou barreiras de seguridade. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre