Inicio Galicia A Xunta inicia as obras de mellora do firme en catro estradas...

A Xunta inicia as obras de mellora do firme en catro estradas autonómicas da provincia da Coruña, cun investimento de máis de 800.000 euros

0

As actuacións de acondicionamento teñen un prazo de execución duns catro meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar esta semana as obras de mellora do firme en catro estradas autonómicas da provincia da Coruña, por un investimento de máis de 800.000 euros.

Este contrato foi adxudicado á empresa Construcciones Ponciano Nieto e os traballos dispoñen dun prazo de execución duns catro meses.

Esta actuación ten por obxecto a mellora das condicións de circulación nas estradas de titularidade autonómica AC-400, AC-432, AC-440 e AC-441, ao seu paso polos concellos de Mazaricos, Outes, Muros, Carnota, Zas, Vimianzo, Dumbría e A Baña.

O proxecto contempla a rehabilitación do firme naqueles treitos das estradas que presenten carencias co obxectivo de prolongar a vida útil do pavimento. Os traballos prevén tamén a limpeza e reperfilado de noiros e a drenaxe nos tramos que o precisen. O departamento de Infraestruturas da Xunta segue a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións para incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre