Estas actuacións, cun investimento de 548.000 euros, teñen un prazo de execución de 12 meses
A Xunta vén de iniciar as obras de mellora de seguridade viaria na estrada PO-552, nos Concellos de Tui e Tomiño.
Estas actuacións, cun investimento de 548.000 euros, teñen un prazo de execución de 12 meses.
A intervención está enmarcada na estratexia da Xunta para eliminar os tramos de concentración de accidentes nas vÃas autonómicas.
A ConsellerÃa de Infraestruturas, considerando as achegas recibidas no proceso de información pública, definiu a execución dunha glorieta na intersección da PO-552 coa estrada PO-344, en Tomiño; a mellora da intersección do punto quilométrico 69+150; e a construción doutra rotonda na intersección coa estrada PO-350, no Concello de Tui.
Estas medidas compleméntanse coa reordenación dos pasos de peóns, adaptándoos á nova configuración das interseccións. Reforzarase a iluminación especÃfica para estes pasos, con sistemas detección de peóns que mellorarán a percepción do peón por parte dos condutores.
Tamén se construirán beirarrúas no perÃmetro das glorietas executadas e se reubicarán as paradas de autobús, dotándoas ademais de novas marquesiñas.