Inicio Galicia A Xunta inicia as obras de mellora de firme da estrada autonómica...

A Xunta inicia as obras de mellora de firme da estrada autonómica AC-840 na travesía de Melide

0

A actuación conta cun prazo de execución dun mes e abarca un tramo da vía de preto de 1,3 quilómetros


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de mellora de firme da estrada autonómica AC-840, no seu treito coincidente coa travesía de Melide.

Esta actuación conta cun prazo de execución dun mes, e levarase a cabo nun tramo da estrada de preto de 1,3 quilómetros, entre os puntos quilométricos 50+486 e 51+770.

Os traballos céntranse no fresado do firme, tanto da capa de rodadura como da intermedia.

Reporanse as dúas capas retiradas mediante outras novas a base de formigón bituminoso en quente.

A actuación completarase coa reposición das marcas viarias, que farán necesario deixar pasar uns días tralo estendido do aglomerado.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre