Inicio Galicia A Xunta inicia as obras de mellora da mobilidade e seguridade viaria...

A Xunta inicia as obras de mellora da mobilidade e seguridade viaria na Avenida de Anllóns, en Ponteceso

0

Os traballos, adxudicados por importe de case 50.000 euros, contan cun prazo de execución de tres meses


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de mellora da mobilidade e seguridade viaria na Avenida de Anllóns, nun treito da estrada autonómica AC-423, ao seu paso polo concello de Ponteceso.

Trátase da mellora de paseos peonís e beiravías nas marxes desta estrada, entre os puntos quilométricos 13+690 e 14+140, para o seu uso peonil. Na actualidade, a estrada carece en parte do tramo de beiravía e beirarrúas ou estas presentan un estado deficiente. Esta intervención está a ser executada pola empresa Canarga, S.

L., cun investimento de case 50.000 euros, e conta cun prazo de execución duns tres meses.

As obras teñen como obxectivo mellorar a seguridade viaria na contorna, tanto dos vehículos como dos usuarios vulnerables, peóns e ciclistas, nunha zona cun elevado número de viandantes e onde se atopa o colexio público Eduardo Pondal. Os traballos proxectados inclúen a ampliación da plataforma cun muro de formigón, completar as beirarrúas e beiravías, mellorar o firme e a reposición de servizos e marcas da vía. Na actuación tamén se prevé a reparación da senda de madeira existente e a súa varanda.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre