Inicio Galicia A Xunta inicia as obras de mellora da estrada OU-154, ao seu...

A Xunta inicia as obras de mellora da estrada OU-154, ao seu paso polo Reino, no concello de Piñor

0

O proxecto, cun prazo de execución de 3 meses, ten como obxectivo incrementar a seguridade viaria na contorna deste tramo entre os puntos quilométricos 1+741 e 2+025


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de mellora da estrada OU-154, ao seu paso polo núcleo do Reino, no Concello de Piñor.

O contrato foi adxudicado á empresa Hordescón S.

L. por un importe de preto de 100.000 euros.

Os traballos para acometer o acondicionamento desta vía autonómica, que inclúen a reposición de servizos, disporán dun prazo de execución duns tres meses aproximadamente.

A intervención consistirá na adecuación da estrada OU-154, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 1+741 e 2+025, para incrementar a seguridade viaria na contorna.

Esta actuación contemplará a remodelación dos espazos para protexer a circulación dos peóns e a disposición de nova sinalización e redutores físicos de velocidade.

Tamén se levará a cabo a rehabilitación do firme neste tramo, así como a substitución das redes de servizo aéreas de alumeado e de teléfono por unha canalización soterrada.

Ademais, o proxecto incluirá a mellora da iluminación mediante a substitución dos puntos de luz por novas farolas con luminarias led. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre