Inicio Galicia A Xunta inicia as obras de mellora da AG-64 e establecerá ...

A Xunta inicia as obras de mellora da AG-64 e establecerá desvíos do tráfico dende o luns entre Cabreiros e Vilalba

0

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste máis de 1 millón de euros nos traballos de reforzo do firme e sinalización en 13,4 quilómetros de vía

A Xunta de Galicia inicia os traballos de rehabilitación estrutural do firme na autovía AG-64 (Ferrol-Vilalba) entre o enlace de Cabreiros (punto quilométrico 42,500) e o final na intersección coa Autovía do Cantábrico A8 (55,900).

Para executar estas obras coa maior seguridade posible, tanto para os usuarios da vía como para os traballadores, habilitaranse desvíos alternativos pola estrada LU-861. En concreto, a partir deste luns -17 de agosto- estarán cortados ao tráfico os carrís da autovía en dirección a Vilalba, dende Cabreiros ata a glorieta de enlace coa A8.

Posteriormente, unha vez rematada esta calzada, procederase a cortar o tráfico en sentido contrario, para os vehículos que circulen en dirección a Ferrol, impedindo a entrada na AG-64 dende a glorieta da A8 e utilizando o mesmo desvío pola LU-861 para volver a incorporarse á autovía en Cabreiros.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade intentará axilizar as obras, na medida en que o permitan a climatoloxía e a natureza dos distintos traballos, de modo que se poida reabrir por completo a circulación na vía nun período aproximado de oito semanas.

Cómpre lembrar que a obra foi adxudicada a principios de agosto por un orzamento superior a 1 millón de euros e conta cun período máximo de execución de seis meses. O contrato recolle a rehabilitación do firme nos tramos que presenten carencias para prolongar a vida útil do pavimento, mediante o fresado e reposición do firme existente con mestura bituminosa en quente.

Ademais, como actuacións complementarias executarase o repintado da sinalización horizontal e unha mellora puntual da drenaxe.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre