As actuacións supoñen un investimento duns 30.000 euros e prevén un prazo de execución de tres meses
A ConsellerÃa de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de limpeza e conservación da ponte sobre o rÃo Avia, na estrada de titularidade autonómica OU-209, no concello de Leiro.
As obras foron adxudicadas á empresa Outra Vertical, S.
L. por preto de 30.000 euros e contan cun prazo de execución de tres meses.
O obxectivo desta intervención na coñecida como ponte Esperela é proceder á retirada da vexetación existente, beneficiando a súa conservación e mellorando a súa imaxe.
Esta infraestrutura ten 180 metros de lonxitude, un ancho de 6 metros nos estribos, e 4,8 metros nos arcos. A ponte está construÃda enteiramente con perpiaños de granito, consta de cinco arcos rebaixados e catro tallamares. A calzada ten unha rasante plana e os peitorÃs son de canterÃa maciza. As luces dos arcos son de 15 metros, e as pilas teñen 2 metros de ancho.
As actuacións de limpeza e conservación desta ponte céntranse na retirada manual da vexetación e maleza que existe nos paramentos de canterÃa, asà como a limpeza das xuntas coa eliminación da terra, raÃces e restos de morteiro en mal estado. Estes traballos execútanse por persoal especializado en intervencións verticais.
Reporanse tamén as pezas danadas ou desaparecidas do paramento ou barreiras, mediante sillerÃa nova de granito coas caracterÃsticas de resistencia, composición e cor similares á existente.
Ao remate destes traballos, realizarase nas zonas que sexa necesario un recheo profundo de xuntas horizontais ou verticais dos paramentos de sillerÃa de pedra, con morteiro de albanelarÃa de cal hidráulico coloreada e area.
A intervención completarase coa roza e limpeza do dominio público nas marxes próximas á ponte.
Con estas obras na ponte Esperela aténdese a solicitude realizada polo Concello, iniciándose os traballos unha vez obtida a autorización da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, necesaria para a súa execución.