Inicio Galicia A Xunta inicia as obras de execución dunha glorieta na intersección das...

A Xunta inicia as obras de execución dunha glorieta na intersección das estradas autonómicas LU-652 e LU-546, en Bóveda

0
image_gallery.jpg

 Os traballos, licitados por 212.000 euros, teñen un prazo de execución de 6 meses Trátase de mellorar as condicións do tráfico rodado e peonil na contorna Constrúese unha glorieta dun diámetro exterior de 41 metros, dous carrís de 4 metros e beiravías de 1 metro de ancho, e accesos e saídas cun único carril Tamén se lle dará acceso ao camiño de servizo existente na marxe esquerda do eixo Lugo-A Pobra do Brollón Na saída da glorieta cara á Pobra do Brollón permitirase un xiro á esquerda para acceder o parque empresarial e instalarase un paso de peóns con semáforos  


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar a execución das obras de construción dunha glorieta na intersección das estradas LU-652 e LU-546, ao seu paso polo concello de Bóveda.

Os traballos, licitados por máis de 212.000 euros, teñen como obxectivo mellorar a seguridade viaria e as condicións do tráfico rodado e peonil nesta contorna. As obras contan cun prazo de execución de 6 meses.

Executase unha glorieta na intersección das ditas estradas, cun diámetro interior de 21 metros e un diámetro exterior de 41 metros, con accesos e saídas cun único carril. A plataforma da glorieta terá dous carrís de 4 metros e beiravías de 1 metro de ancho.

Os traballos prevén, tamén, darlle acceso ao camiño de servizo existente na marxe esquerda do eixo Lugo-A Pobra do Brollón.

Na saída da glorieta, na dirección Pobra do Brollón, permitirase un xiro á esquerda para acceder á vía existente cara o parque empresarial de Bóveda. Neste mesmo punto tamén se proxecta un paso de peóns accionado mediante semáforos e a instalación da semaforización correspondente, dando así continuidade a unha rede peonil existente na zona.

As obras inclúen o repintado de marcas viarias e a colocación de nova sinalización vertical, balizamento e defensas, así como a reubicación da farola existente ao centro da glorieta.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre