Inicio Galicia A Xunta inicia as obras de estabilización dun noiro na estrada AC-433,...

A Xunta inicia as obras de estabilización dun noiro na estrada AC-433, á altura da parroquia de Nande, no concello de Laxe

0

Esta actuación da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade conta cun orzamento de máis de 48.000 euros e dispón dun prazo de execución dun mes

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inicia as obras para mellorar a estabilidade dun noiro na estrada AC-433, Recesindes-Laxe, á altura da parroquia de Nande, no Concello de Laxe. Esta intervención dispón dun orzamento de máis de 48.000 euros e estímase un prazo de execución dun mes. Os traballos foron adxudicadas á empresa Construcciones Leonardo Miguélez, S.

L.

O intervención do departamento de Infraestruturas da Xunta consiste na reparación e reforzo da estabilidade do noiro existente na marxe dereita desta estrada autonómica, no punto quilométrico 7+100, onde se produciron desprendementos tras varios episodios de choivas intensas o pasado mes de novembro.

A actuación que se inicia hoxe consiste na execución dun muro de escollera ao pé do noiro, duns 5,5 m de altura, e a reparación ampliase máis alá da zona afectada, nunha lonxitude aproximada de 70 metros. Os traballos inclúen a retirada da bionda e posterior colocación.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre