Inicio Galicia A Xunta inicia as obras de demolición da actual terminal de autobuses...

A Xunta inicia as obras de demolición da actual terminal de autobuses de Ourense

0
image_gallery.jpg

A intervención conta cun investimento de máis de 523.000 e iníciase cos traballos previos de retirada do material do interior: desmontado de mobiliario, carpinterías, elementos de fontanería, instalación eléctrica e o resto de instalacións


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar hoxe as obras de demolición da actual terminal de autobuses de Ourense.

A actuación, cun investimento máis de 523.000 euros, comeza cos traballos previos de retirada do material de interior: desmontado de mobiliario, carpinterías, elementos de fontanería, instalación eléctrica e o resto de instalacións.

A demolición da actual terminal realizarase de xeito acompasado coas obras en execución da nova estación de autobuses da intermodal no barrio da Ponte, cuxos traballos seguen a avanzar a bo ritmo.

Para acometer esta obra, a Xunta prevé instalar este xoves dúas grandes marquesiñas, que funcionarán como parada provisional, mentres non sexa trasladada a actividade á nova estación.

A actual estación de autobuses foi construída hai máis de 30 anos. Dadas as súas condicións e tendo en conta o custo que suporía a súa adecuación a outro uso, así como a inconveniencia de deixar un edificio destas dimensións desocupado nunha zona urbana, a Xunta decidiu redactar un proxecto de demolición.

A intervención ten como obxectivo deixar despexado o solar e aproveitar este espazo para dotacións de carácter social, concretamente, para a construción dunha residencia da terceira idade.

O programa de traballoAs tarefas que se están a iniciar no interior da actual terminal de autobuses continuarán, una vez completado o desmontado dos distintos elementos, coa demolición de tabiques, pavimentos e revestimentos. A continuación, cando queden completamente baleiros o andar baixo e o primeiro, procederase á demolición e desmonte das cubertas superiores.

Para efectuar as intervención primarase o uso de retroescavadoras e grúas móbiles con acoples especiais de derribo, polo que non se considera necesaria a realización de voaduras nin de microvoaduras.

As obras incluirán o acondicionamento posterior da parcela e a xestión dos correspondentes residuos xerados pola demolición.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre