Inicio Galicia A Xunta inicia as obras de construción dunha cuneta de seguridade na...

A Xunta inicia as obras de construción dunha cuneta de seguridade na estrada AC-409 ao seu paso por Bailía, en Ordes

0
image_gallery.jpg

A actuación, adxudicada por un importe de máis de 48.000 euros, conta cun prazo de execución de 2 meses


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de construción dunha cuneta de seguridade na estrada AC-409 ao seu paso por Bailía, no concello de Ordes.

Esta actuación foi adxudicada á empresa José No Martiñan e Hijos Construcciones, por un importe superior aos 48.000 euros e conta cun prazo estimado de execución de 2 meses.

A intervención ten por obxectivo a mellora da funcionalidade e da seguridade viaria no treito de 300 metros da estrada autonómica, entre os puntos quilométricos 7+150 e 7+450.

Na actualidade este tramo da AC-409 dispón de cunetas a ambas as marxes non revestidas e cubertas de vexetación herbácea, polo que a intervención céntrase na execución de cunetas de seguridade e tubos dren.

Os traballos incluirán a escavación en gabia, a colocación de tubo dren de diámetro 150 mm e o recheo en cuneta con solo seleccionado.

As obras execútanse en terreos de dominio público, polo que non son necesarias expropiacións.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre