Inicio Galicia A Xunta inicia as obras de construción da nova escola infantil da...

A Xunta inicia as obras de construción da nova escola infantil da rede A Galiña Azul en Paderne de Allariz

0

O novo centro contará con 41 prazas repartidas en 3 unidades.


O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asistiu hoxe, acompañado da delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz, ademais do alcalde do municipio José Manuel Fernández e outros membros da Mancomunidade, ao comezo das obras de construción da nova escola infantil que a Xunta de Galicia construirá no concello de Paderne de Allariz e que se integrará na rede autonómica A Galiña Azul.

Perfecto Rodríguez destacou durante a visita a importancia da construción deste novo recurso de conciliación que achega un novo servizo a esta comarca da provincia de Ourense. Sinalou que a nova escola, que contará con 41 prazas repartidas en tres unidades, permitirá a conciliación laboral e persoal das familias non só do concello de Paderne de Allariz senón tamén dos municipios que conforman esta Mancomunidade ourensá.

A inversión prevista neste proxecto ascende a 535.000 euros, dos que a Xunta de Galicia, a través do Consorcio, achegará 410.000 euros (cun 80% de financiamento procedente de fondos Feder da Unión Europea) e o resto, a Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense. A escola será xestionada de acordo co modelo de cofinanciamento establecido no Acordo Marco asinado pola Consellería de Política Social e pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para ese tipo de centros do Consorcio.

As actuacións inclúen ademais das aulas, aseos/vestiarios, lavandería, cuarto de limpeza, sala de profesores, despacho de dirección, sala de usos múltiples, almacén, cociña, despensa, etc. O edificio será de planta baixa e terá unha superficie total de 398,96 m2. Estímase que o prazo previsto de execución das obras sexa de 12 meses.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre