Inicio Galicia A Xunta inicia as obras de conservación e reforzo de firme na...

A Xunta inicia as obras de conservación e reforzo de firme na autoestrada autonómica A Coruña-Carballo

0
image_gallery.jpg

A partir da vindeira semana comezarán os traballos na autoestrada do Val Miñor


As obras correspondentes á campaña de conservación e reforzo de firme na autoestrada autonómica A Coruña-Carballo (AG-55) veñen de iniciarse hoxe e prolongaranse ata o vindeiro día 18 de setembro, sempre que as condicións climatolóxicas sexan as adecuadas para levar a cabo estes traballos.

O vindeiro luns, día 7 de setembro, tamén está previsto o inicio das actuacións na AG-57, programadas para executarse en 5 xornadas, ata o venres día 11.

De acordo cos traballos de conservación sistemática que se realizan nestas dúas autoestradas, procederase á rehabilitación superficial, adaptada ás necesidades concretas de cada treito, empregando microaglomerados en frío pola súa función da mellora da macrotextura e a resistencia ao esvaramento. Ademais, traballarase no reforzo estrutural dos puntos nos que se detectou esa necesidade, co fresado e a reposición con mesturas bituminosas en quente.

Actuacións autoestrada A Coruña-CarballoAs actuacións na autoestrada A Coruña-Carballo comprenden a rehabilitación superficial nun total de once treitos, nos dous sentidos, o que suporá actuacións en máis de 23 quilómetros da vía.

En canto aos traballos de rehabilitación estrutural, actuarase no tronco da AG-55, en sentido crecente, entre os puntos quilométricos 6+950 e 13.350 e, en sentido decrecente, entre os puntos 13.400 e 13.380. Tamén se realizarán actuacións de fresado e reposición de firme nos ramais de Paiosaco, A Laracha, Carballo Este, Carballo Norte, e Carballo Oeste.

Co obxectivo de mellorar a seguridade viaria, inclúese nesta intervención a eliminación do chanzo da beiravía entre A Laracha e Carballo. Esta intervención implica actuacións nos tramos que se corresponden cos seguintes puntos quilométricos: 22+880 e 26+700, 28+140 e 28+480, 28+740 e3 3+270, 33+320 e 34+820, en sentido crecente. Esta mesma actuación realizarase en sentido decrecente nos seguintes puntos: 34+820 e 33+270, 33+320 e 28+180 e 26+700 e 22+800.

Os traballos na autoestrada A Coruña-Carballo completaranse coa substitución da lastra por aglomerado, antes e despois da estación de peaxe troncal de Bidueira (no punto quilométrico15+000, sentido decrecente).

Autoestrada do Val MiñorEn canto ás actuacións de rehabilitación estrutural programadas na autoestrada do Val Miñor, traballarase no tronco, nun total de sete puntos localizados: seis deles entre Vincios e Rebullón, e un no tramo entre Baiona e Vincios, sentido decrecente.

Tamén se realizarán actuacións de fresado e reposición de firme en dous puntos do ramal da AG-57 no tramo Vincios e Rebullón.

As obras estarán debidamente sinalizadas e para minimizar a afección ao tráfico os cortes serán de carril, salvo puntualmente nos ramais nos que se actúa. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre