Inicio Galicia A Xunta inicia as obras de ampliación da residencia para maiores de...

A Xunta inicia as obras de ampliación da residencia para maiores de Cerdedo-Cotobade

0

As obras, nas que o Consorcio investirá un total de 1,7 millóns de euros en tres anualidades, teñen un prazo de execución de 18 meses


O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social, Perfecto Rodríguez Muíños, acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e polo presidente da Xunta Xestora de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela López, asistiu hoxe ao comezo das obras de ampliación do centro para atención aos maiores de Cerdedo.

A sinatura da acta de replanteo, que se levou a cabo nas dúas parcelas nas que se executará esta actuación, supón o inicio inmediato das obras, que teñen un prazo de execución de 18 meses e que acometerá a empresa Ogmios Proyecto S.

L., seleccionada no proceso de licitación.

A construción dun edificio anexo ao actual que comparten centro de día e residencia, permitirá que o novo inmoble albergue a parte residencial -cuxa oferta pasará de 18 a 48 prazas-, mentres que o inmoble que xa existe estará dedicado en exclusiva ao centro de día, mantendo este a súa capacidade máxima de 30 usuarios, pero mellorando polo tanto a calidade na prestación do servizo para os maiores.

Leer más:  PPdeG considera que el pacto BNG-Bildu-ERC demuestra que están "desconectados de la Galicia mayoritaria"

O Consorcio investirá un total de 1,7 millóns de euros nesta actuación, repartidos en tres anualidades, dende o presente ano 2018 e ata 2020. As obras suporán 1.451.559,93 euros (IVE incluído), reservándose a diferencia ata 1,7 millóns para os custos de dirección de obra e estudos, así como para o equipamento e amoblamento da nova residencia.

O edificio que se vai construír en Cerdedo ocupará dúas parcelas lindeiras ao actual inmoble do centro de día-residencia. Un deses terreos é propiedade do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e, o outro, foi adquirido polo Concello para posteriormente poñelo a disposición da administración autonómica.

A construción da nova residencia de Cerdedo será posible gracias ao convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Política Social do Goberno galego e o Concello de Cerdedo-Cotobade.  


- Te recomendamos -