Inicio Galicia A Xunta inicia as obras de acondicionamento da variante de Parderrubias, no...

A Xunta inicia as obras de acondicionamento da variante de Parderrubias, no concello ourensán da Merca

0

Esta actuación, cun prazo de execución duns catro meses, conta cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de mellora da variante de Parderrubias, na estrada OU-540, no Concello da Merca.

Esta actuación, cun prazo de execución duns catro meses, conta cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros.

O obxecto do contrato é o acondicionamento do tramo antigo da estrada que conecta Ourense e a fronteira con Portugal (OU-540), situado en Parderrubias, á altura do p.q. 12+800, cunha lonxitude aproximada de 240 metros.

Os traballos a acometer consistirán na extensión dunha nova capa de rodadura no treito, así como na execución dunha obra de drenaxe que incluirá a instalación de tubaxe e dunha cuneta de seguridade.

Realizarase un revestimento en formigón da cuneta de seguridade co fin de garantir a canalización das augas pluviais e colocarase un tramo de 4 metros de tubaxe para salvar o paso dunha entrada.

Ademais, na marxe esquerda do tramo obxecto das actuacións, tamén se construirá un muro de contención en escollera.

O proxecto tamén contempla nova sinalización horizontal consistente no pintado de liñas de marxe, de parada e de stop nas incorporacións á estrada autonómica. Tamén se colocarán as sinais verticais necesarias.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre