Esta actuación, cun prazo de execución de 12 meses, levarase a cabo nun tramo de 1,3 quilómetros para acometer a renovación do firme e a mellora das beirarrúas
A ConsellerÃa de Infraestruturas e Mobilidade vén comezar as obras de acondicionamento da rúa Marcelo MacÃas, en Ourense, cun investimento de 1,7 millóns de euros.
Esta actuación, cun prazo de execución de 12 meses, consistirá na renovación do firme e dos servizos, asà como na mellora das beirarrúas ao longo de 1,3 km. A intervención aproveitarase para facer labores de mantemento no viaduto sobre o rÃo Barbaña, que se dotará de iluminación singular e traballarase na accesibilidade peonil.
Tamén, no referente aos servizos, se renovarán as redes de abastecemento, saneamento e as de alumeado.
Ademais a actuación inclúe o reforzo da seguridade viaria coa instalación de pasos de peóns con iluminación especÃfica.
Todas estas renovacións de servizos supoñen un incremento do custo de proxecto inicial, polo que se fixo necesario un compromiso de cofinanciamento do 30% por parte do Concello de Ourense nesta actuación.
DesvÃos de tráficoA execución destas obras fará necesaria a realización de desvÃos da circulación a partir de mañá, consensuados previamente coa PolicÃa Local e o persoal da ConcellerÃa de Tráfico do Concello de Ourense.
Mentres se acometan as actuacións, manterase o sentido de entrada á cidade e desvÃase o tráfico de saÃda no primeiro treito da rúa Marcelo MacÃas, que dispón de tres carrÃs. AsÃ, continuarán en servizo dous carrÃs para os dous sentidos e restrinxirase o outro carril como zona de traballo.
Tal como se observa nos seguintes planos, os vehÃculos lixeiros desviaranse por unha vÃa paralela e os autobuses disporán doutra alternativa sinalizada coa fin de facilitarlles as manobras correspondentes.