Inicio Galicia A Xunta inicia as obras de acondicionamento da Ponte Frieira, na estrada...

A Xunta inicia as obras de acondicionamento da Ponte Frieira, na estrada OU-412, nos concellos de Crecente e Padrenda

0
image_gallery.jpg

A actuación, cun investimento de 47.600 euros, ten un prazo de 4 meses


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de comezar as obras de acondicionamento da Ponte Frieira, na estrada OU-412, nos concellos de Crecente e Padrenda.

Esta actuación, cun investimento de 47.600 euros, terá un prazo de execución de 4 meses.

O obxecto da obra é a reparación desta ponte que cruza o Miño e conecta os dous núcleos da Frieira, un pertencente ao concello de Crecente e o outro ao de Padrenda.

Esta infraestrutura tamén permite o acceso peonil á estación de tren da Frieira mediante unha escaleira metálica.

Os traballos céntranse no arranxo das deficiencias da estrutura, así como de elementos como as escaleiras, a varanda, as beirarrúas e as xuntas.

A reparación da estrutura metálica da escaleira e a súa varanda realizarase mediante un chorreado con area a alta presión e unha limpeza con aire para eliminar residuos. Tamén se acometerá un tratamento superficial do aceiro coa aplicación dunha pintura de protección.

Nas beirarrúas reporase a baldosa hidráulica nas zonas deterioradas e disporanse cubrexuntas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre