Inicio Galicia A Xunta inicia as obras da nova senda peonil que conectará o...

A Xunta inicia as obras da nova senda peonil que conectará o albergue de peregrinos e o centro de Ordes

0

Esta actuación, adxudicada por 510.000 euros, disporá dun prazo de execución de 6 meses

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de execución dunha senda peonil entre o albergue de peregrinos de Poulo e o centro de Ordes.

Esta actuación, adxudicada á empresa Arias Infraestruturas S.

A. por un investimento de case 510.000 euros, disporá dun prazo de execución de 6 meses.

A Xunta convocou onte os titulares dos terreos para realizar o levantamento de actas previas á ocupación.

Trátase da construción dunha senda peonil na marxe dereita da estrada autonómica AC-524, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0+500 e 2, dándolle continuidade ao itinerario xa existente.

Esta actuación ten como finalidade mellorar a seguridade viaria na zona, separando o tráfico peonil do tráfico rodado e fomentar unha mobilidade máis segura, sustentable e respectuosa co medio ambiente.

O novo treito conectará coa pousada de peregrinos e permitirá unir outros focos de atracción como os centros educativos IES Nº1, o colexio Alfonso Rodríguez Castelao, os pavillóns polideportivos ou os locais comerciais. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre