Inicio Galicia A Xunta inicia a tramitación do Ifevi a través da Lei 3...

A Xunta inicia a tramitación do Ifevi a través da Lei 3 e solicita ao Concello que emita o seu informe para poder avanzar no proxecto

0

A Administración local deberá someter o proxecto a información pública durante un prazo de 20 días, así como emitir o correspondente informe sobre os intereses locais que se poidan ver afectados

A Xunta avanza na ampliación do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) coa sinatura hoxe do inicio da tramitación a través da Lei 3/2016, de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese. Como seguinte paso dentro deste procedemento extraordinario, a Administración autonómica tamén procedeu esta mesma mañá a solicitar ao Concello de Vigo que someta a información pública o proxecto durante un prazo de 20 días, e que emita o correspondente informe municipal sobre os intereses locais que poidan verse afectados pola ampliación.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria procede a tramitar o proxecto a través da coñecida como Lei 3 a pesar de que o Concello de Vigo non remitiu a información polo cal non o desenvolve a través dunha ordenación provisional. Polo tanto, espérase que a Administración local envíe toda a información da que dispón, e que remita o informe desfavorable de Navegación Aérea polo cal manifestou que non puido tramitalo. É preciso coñecer o contido dese informe xa que é unha das institucións que tería que informar favorablemente á tramitación do proxecto pola Lei 3.

A Xunta está comprometida coa competitividade de Ifevi, e así, leva investido máis de 15 millóns de euros desde 2005 neste recinto feiral. En 2018 xa investiu 3,8 millóns de euros na última ampliación, que permite impulsar encontros que son referentes nos seus respectivos ámbitos, como Navalia, Mindtech ou Conxemar. A estes investimentos sumaranse os 7 millóns de euros programados para a nova ampliación.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre