Inicio Galicia A Xunta inicia a renovación do firme na AG-53, entre Dozón e...

A Xunta inicia a renovación do firme na AG-53, entre Dozón e San Cristovo de Cea, cun investimento de 4,8 millóns de euros

0

A intervención centrarase na reparación dos danos na capa de rodadura e na reposición do firme no tronco da vía e nos ramais


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de renovación do firme na autoestrada AG-53, no treito entre os enlaces de Dozón e de San Cristovo de Cea.

A actuación, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 56+320 e 74+200 da autoestrada, conta cun investimento duns 4,8 millóns de euros.

Os traballos centraranse na reparación de danos superficiais na estrada, no fresado de taboleiros de pasos de vigas e na reposición do firme en todo o tronco da vía e nos ramais do enlace de Cea.

Tamén se levará a cabo o repintado de todas as marcas viarias do tronco e dos ramais da autoestrada e a reposición de captafaros e elementos de balizamento.

Esta intervención está enmarcada no mantemento das estradas autonómicas de titularidade da Xunta co fin de garantir a seguridade viaria e mellorar a mobilidade na comunidade.

Esta actuación foi autorizada no Consello de Administración da Sociedade Pública de Investimentos (SPI), adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre