Inicio Galicia A Xunta inicia a reforma da cuberta e espazos interiores de CEIP...

A Xunta inicia a reforma da cuberta e espazos interiores de CEIP Otero Pedrayo de Rábade, no que inviste 195.500 euros

0
image_gallery.jpg

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que os traballos mellorarán a confortabilidade e a eficiencia das instalacións


A Consellería de Cultura, Educación e Universidade iniciou as obras de reforma do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Otero Pedrayo de Rábade, ás que destina 195.500 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe o centro e explicou que a intervención pretende mellorar a confortabilidade e eficiencia das instalacións, reducindo ademais o consumo enerxético para que sexan máis sostibles dende un punto de vista económico e medioambiental.

Neste aspecto será fundamental a substitución da cuberta en dous dos tres bloques que conforman o complexo educativo; a estrutura actual, de tella de formigón, dará paso a outra de panel sándwich con acabado de chapa nervada de aceiro e con illamento intermedio. Tamén se renovarán os canlóns e baixantes.

O proxecto inclúe a reforma integral do grupo de aseos de alumnos de primaria das plantas primeira e segunda do Bloque 1. Demoleranse os tabiques e realizaranse novas divisións interiores; a renovación afectará a solados, revestimentos, equipamento, fontanería, saneamento, electricidade e iluminación.

As novas luminarias, con tecnoloxía tipo LED de alto rendemento, colocaranse tamén no polideportivo cuberto; igualmente, construiranse peches laterais nas fachadas noroeste e suroeste do pavillón.

Tamén están programadas actuacións de pintado de paredes e teitos en espazos interiores, renovación de pavimentos ou a substitución de portas, entre outros traballos.

O prazo máximo de execución será de dous meses e executaranse as distintas tarefas de xeito que non interfiran co normal desenvolvemento da actividade lectiva.

Ao respecto, cabe lembrar que o centro estrea este curso a xornada única, atendendo a unha reivindicación da ANPA e logo de que a Xunta procedese a realizar un reaxuste do transporte para compatibilizar o novo horario escolar co das rutas do autobús.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre