Inicio Galicia A Xunta inicia a mellora do firme na estrada autonómica PO-302, ao...

A Xunta inicia a mellora do firme na estrada autonómica PO-302, ao seu paso polo Concello de Vilanova de Arousa

0

A obra, adxudicada por uns 47.000 euros, conta cun prazo de execución de 1 mes


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar hoxe as obras de mellora da capa de rodadura e reforzo de firme localizado na estrada autonómica PO-302, entre os puntos quilométricos 1+230 e 1+580, ao seu paso polo municipio de Vilanova de Arousa.

Estas actuacións, adxudicadas á empresa Covsa por un importe de case 47.000 euros, contan cun prazo de execución estimado de 1 mes.

Os traballos centraranse no treito de estrada comprendido entre a Casa do Concello e o final da estrada, que soporta unha elevada intensidade de vehículos pesados, xa que neste tramo circulan, entre outros, todos os vehículos que transportan o mexillón que se descarga a través do porto da vila.

As obras consistirán na mellora do firme da calzada mediante o fresado da capa de rodadura en todo o ancho do carril para, a continuación, proceder á reposición do firme con aglomerado de mestura en quente, que se estenderá en zonas ocupando todo o carril completo. Unha vez estendida a mestura, procederase ao recrecido dos pozos ata alcanzar o nivel da rasante definitiva.

Nos tramos en que se realice o estendido procederase a repintar toda a sinalización horizontal, en especial as bandas lonxitudinais.

Para o desenvolvemento desta intervención e co obxectivo de minimizar a afección ao tráfico, actuarase primeiro nun dos carrís e logo no outro, polo que non será necesario o peche total do tramo á circulación.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre