Inicio Galicia A Xunta inicia a firma dos convenios cos concellos para poñer en...

A Xunta inicia a firma dos convenios cos concellos para poñer en marcha o Plan de seguridade nas praias ante a covid-19

0

O Goberno galego apoia ás entidades locais a través destes acordos para axudarlles a facer fronte aos medios adicionais que precisen este verán como consecuencia das medidas extraordinarias a causa do coronavirus

A Xunta xa iniciou a firma dos convenios cos 44 concellos galegos que se adheriron de forma voluntaria ao plan de seguridade nas praias ante a covid-19 para optar a axudas para gastos de persoal, sinalización e alugamento de vehículos.

A través destes acordos cos municipios, o Goberno galego participará no reforzo de normas e pautas organizativas, de seguridade e vixilancia e de limpeza e conservación ambiental dos areais para a contención e a prevención da pandemia. Desta forma, apoia ás entidades locais nos medios adicionais aos que deberán facer fronte este verán como consecuencia das medidas extraordinarias a causa do coronavirus co obxectivo de garantir un uso seguro das súas praias nestes meses.

A Administración autonómica colabora cos pequenos e medianos concellos para que poidan contar con máis persoal que se encargue de colaborar en actuacións de organización e vixilancia de accesos, control de aforos ou da permanencia nos areais, así como traballos de limpeza.

Segundo o convenio asinado con cada municipio, tamén se poderá colaborar na adquisición de maquinaria, vehículos, elementos de sinalización e balizamento, ademais doutros medios necesarios para a limpeza das praias e das súas instalacións comúns ou da recollida de residuos que supoñen un gasto adicional debido ás medidas de prevención para loitar contra a pandemia.

A Xunta destaca a necesidade de reforzar a cooperación coas entidades locais galegas para contribuír á súa recuperación económica tras a paralización da actividade pola covid-19 e nun sector tan importante como o turístico.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre