Inicio Galicia A Xunta inicia a dixitalización dos sete parques de Galicia e catro...

A Xunta inicia a dixitalización dos sete parques de Galicia e catro aulas de natureza

0

A conselleira de Medio Ambiente e a directora da Amtega visitaron hoxe o Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, o primeiro en contar con cartelería dixital


A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) completarán este ano a dixitalización dos sete parques naturais galegos, o Parque Nacional das IIlas Atlánticas e catro aulas da natureza. En total, 11 espazos dotados con solucións tecnolóxicas innovadoras para facilitar aos visitantes o acceso información sobre rutas, servizos, patrimonio, flora e fauna de cada parque ou aula dun xeito lúdico e atractivo.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, visitaron hoxe o Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, o primeiro dos once espazos previstos na iniciativa no que se completou a dotación tecnolóxica. Este parque natural dispón xa dun videowall con contidos dixitais e unha mesa interactiva con 30 fichas que describen a fauna e flora proxectando a información gráfica e textual de cada ficha nun videowall.

Mato Otero destacou que os parques naturais de Galicia representan case 500 quilómetros cadrados de auténticos paraísos e que son unha boa mostra da beleza natural de Galicia; de aí que darlle valor ás grandes reservas naturais de Galicia sexan unha prioridade, salientou a conselleira.

Leer más:  La asamblea del PSOE de Santiago propone a Nicolás González Casares como candidato a las elecciones europeas

O compromiso da Xunta co coidado, mellora e expansión dos parques naturais de Galicia e un mandamento que marca o traballo a prol da conservación; polo que agradeceu o traballo, implicación e entrega da Amtega para a dixitalización de ditos espazos, sobre todo por ter definido unha intervención cunha sensibilidade especial, para adaptar as novas tecnoloxías ás características que requiren os parques galegos (Complexo Dunar de Corrubedo, Fragas do Eume, Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra, Baixa Limia-Serra do Xurés e Monte Aloia e o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia), así como as catro aulas da natureza.

Pola súa banda, Mar Pereira, lembrou que esta iniciativa enmárcase nas actuacións da Axenda Dixital de Galicia 2020, a folla de ruta do Goberno galego para consolidar a dixitalización de servizos públicos, e sectores estratéxicos para Galicia. A directora da Amtega, sinalou que, como todos os procesos de dixitalización que desenvolve a Axencia Pública, esta iniciativa abordouse dun xeito integral e cun enfoque global, que permita evolucionala nun futuro. Un estudo e análise previa das necesidades de posibilidades de cada un dos 11 espazos determinou a dotación do equipamento máis axeitado a cada caso cun mesmo obxectivo: ofrecer información sobre os servizos, rutas, flora e fauna de cada parque e aula da natureza dun xeito más atractivo, lúdico e en soportes audiovisuais e interactivos.

Leer más:  La Audiencia Provincial de Ourense sentencia a 23 años de prisión al responsable del tiroteo en una gasolinera de Tamallancos

Equipamento tecnolóxicoUnha plataforma de contidos permite que cada parque xestione a súa información que se proxecta ben a través de videowalls, pantallas informativas ou mesas interactivas. A distribución deste equipamento estarse a realizar en base a un estudo previo de necesidades e posibilidades de cada un dos espazos naturais contemplados no proxecto, que inclúe, tamén, solucións de realidade aumentada ou gafas de realidade virtual.

Ademais, estes contidos serán accesibles desde outras canles como o portal Galicia Natural e Única e a aplicación dos parques. No marco deste proxecto, tanto a web como a app ofrecen xa novas versións. O novo portal amplía os seus contidos incluíndo información de todos os parques, reservas da biosfera e espazos naturais de Galicia baixo a etiqueta “espazos imán”.

A aplicación dos parques naturais de Galicia, dispoñible en IOS e Android, posibilita o selado dixital do Pasaporte Natural ao activar a localización do dispositivo móbil cando se visitan os parques. Tal e como destacou a conselleira, coa nova app de Galicia Natural e Única lévase a cada dispositivo móbil unha nova experiencia para gozar plenamente en primeira persoa a experiencia de visitar os espazos imán, identificados no Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural de Galicia, que son os parques galegos así como o monumento natural da Praia das Catedrais, as zonas de especial protección dos valores de Carnota- Monte Pindo, Canóns do Sil; as Reservas da Biosfera de Terras do Miño, Área de Allariz, Os Ancares lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá, o Río Eo, Oscos e Terras de Burón; a Reserva Transfronteiriza Gerés- Xurés, as Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, e a Serra do Courel.

Leer más:  El PSOE de Santiago recuerda a BNG y CA su responsabilidad en el bloqueo de Peleteiro y afirma que estará en la solución

Premiar a visitaA Xunta de Galicia defende que coñecer o patrimonio natural que atesouran os parques galegos son unha das mellores ferramentas para asegurar a súa conservación. Nese sentido, quere premiar o esforzos dos visitantes que se achegan aos parques galegos; polo que se darán tres premios ás tres primeiras persoas que completen o pasaporte dixital.

Dito galardón consistirá nunha experiencia natural a elixir entre as distintas actividades ecoturísticas e aloxamento nos parques naturais de Galicia, unha oferta extensa e variada que ofrece, aloxamentos de turismo rural, experiencias de restauración, visitas guiadas, rutas fotográficas ou ornitolóxicas, actividades que combinan o deporte e o turismo, a través do senderismo, ciclismo, equitación ou ben saídas en barco, kaiak, paddle surf ou paddleboard; ademais de visitas a covas, aldeas ou adegas. Para ampliar a información destas experiencias ecoturísticas pódese consultar a web: http://galicianaturaleunica.xunta.gal/es/experiencias-naturais


- Te recomendamos -