Inicio Galicia A Xunta inicia a construción dunha senda peonil na estrada autonómica AC-552...

A Xunta inicia a construción dunha senda peonil na estrada autonómica AC-552 ao seu paso polo concello de Coristanco

0
image_gallery.jpg

Os traballos, cun investimento de preto de 48.000 euros, contan cun prazo de execución de 2 meses


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de construción dunha senda peonil na estrada autonómica AC-552 ao seu paso polo municipio de Coristanco. Esta intervención supón cun investimento autonómico de preto de 48.000 euros e as obras contan cun prazo de execución de 2 meses.

Trátase de mellorar a seguridade viaria desta estrada, para o que se executarán beirarrúas nun tramo de 170 metros da marxe esquerda, para completar o itinerario peonil actual entre un grupo de casas na contorna do punto quilométrico 37+300 e o propio núcleo de Coristanco.

Os traballos para a execución das beirarrúas, con bordo e baldosa hidráulica sobre soleira de formigón, incluirán as tarefas previas de corte de pavimento, demolición, roza e retirada de elementos existentes, así como o perfilado de terreo e recheo. Tamén se executarán as canalizacións de drenaxe, así como a reposición da sinalización vertical.

As obras realizaranse en terreos de dominio público non sendo, polo tanto, necesario realizar expropiacións.

A actuación do departamento de Infraestruturas da Xunta busca promover unha mobilidade sustentable e segura, favorecendo os desprazamentos cotiáns a pé dos veciños.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre