Inicio Galicia A Xunta inicia a construción dunha pasarela peonil sobre o regato de...

A Xunta inicia a construción dunha pasarela peonil sobre o regato de Alongos, no concello de Toén

0

A obra, adxudicada por importe duns 20.000 euros, terá un prazo de execución de 3 meses


A Xunta vén de iniciar as obras de construción dunha pasarela peonil sobre o regato de Alongos na estrada de titularidade autonómica OU-402, no concello de Toén.

Esta actuación, adxudicada á empresa Construcciones y Promociones Cruzval S. L. por un importe de preto de 20.000 euros, terá un prazo de execución de 3 meses.

As obras consistirán na execución dunha pasarela peonil de 2,4 metros de anchura na marxe esquerda do punto quilométrico 8+100 desta estrada autonómica.

Trátase de completar o itinerario peonil executado con anterioridade polo departamento de Infraestruturas da Xunta nesta estrada autonómica, no lugar de Alongos.

Esta nova actuación precisou dunha longa tramitación para obter a autorización da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Unha vez obtida, a autorización establecía que a obra debía executarse en estiaxe, polo que foi necesario agardar ata estas datas para poder iniciar os traballos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre