Inicio Galicia A Xunta informa que quedan prazas libres no campo de voluntariado que...

A Xunta informa que quedan prazas libres no campo de voluntariado que oferta este verán en Ponteceso

0

O prazo para inscribirse remata o 24 de agosto, tres días antes do inicio do mesmo o 27 de agosto

A Xunta de Galicia informa que aínda quedan prazas libres para inscribirse nun dos campos de voluntariado en Ponteceso, que oferta a Xunta de Galicia dentro da campaña O verán que necesitas na provincia da Coruña. Este campo de traballo está centrado no eido ambiental e etnográfico. Os interesados poden solicitar a súa praza ata o 24 de agosto, tres días antes do comezo do mesmo o 27 de agosto.

As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por orde de recepción. A solicitude presentarase mediante un formulario en liña, que estará dispoñible na páxina web xuventude.xunta.es, onde se pode consultar toda a información sobre esta actividade. A cota de inscrición para todos os campos é de 110 euros; con desconto dun 25% por Carné Xove, familia numerosa ou monoparental.

A situación provocada pola emerxencia sanitaria derivada da covid-19 fai moi necesario ofertar á mocidade un recurso de educación non formal para o tempo de lecer. Os campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a tolerancia e a solidariedade. Polo tanto, permitiralles beneficiarse, coas máximas garantías de prevención e hixiene, dunha experiencia enriquecedora.

Así mesmo, este ano hai tres novidades principais nesta iniciativa: os campos serán de ámbito autonómico con prazas só para mozos e mozas de Galicia; a convivencia será dun máximo de 12 persoas participantes, máis o equipo técnico; e as actividades desenvolveranse baixo as medidas de prevención e seguridade ditadas polas autoridades sanitarias.

Desta maneira, das 348 prazas que oferta o Goberno galego, 96 distribúense entre as oito iniciativas que haberá na Coruña. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre