Inicio Galicia A Xunta informa que a partir do 23 de marzo as obras...

A Xunta informa que a partir do 23 de marzo as obras en fachadas e tellados ou os cambios de fiestras en casas próximas a ríos se poden facer presentando só unha declaración responsable

0

Estes traballos menores na área dos ríos de Galicia-Costa poderán iniciarse desde a presentación da declaración, sen agardar a autorización de Augas de Galicia

A Xunta informa que a partir do día 23 de marzo as obras en fachadas, tellados ou cambios de fiestras de vivendas próximas aos ríos poderán facerse presentando unha declaración responsable, sen agardar a autorización de Augas de Galicia.

Vázquez Mourelle, acompañada pola directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, informou hoxe a técnicos duns 60 concellos e das deputacións provinciais sobre as novas normativas de xestión pública da augaIndicou que o DOG publicou esta semana o decreto polo que se modifican determinadas disposicións en materia de augas para facilitar a execución de obras menores nas proximidades dos ríos da demarcación hidrográfica Galicia-Costa.

Destacou o impacto social desta normativa que lle permitirá aos cidadáns comezar eses traballos menores no dominio público hidráulico desde o momento da presentación da declaración responsable.

O novo decreto suporá unha axilización nos trámites e execución das obras, pois ata agora para os traballos que estaba permitido realizar con declaración responsable esixíase un prazo de 15 días desde a súa presentación para poder iniciarse.

A partir do 23 de marzo, data de entrada en vigor do decreto, pasarán a poder executarse tamén con declaración responsable, sen necesidade de autorización de Augas de Galicia, algúns traballos de conservación de infraestruturas viarias ou a execución de peches permeables de malla ou similares.

A nova regulación amplía e define con total claridade os traballos que se poden executar en zonas de dominio público hidráulico e de policía dos ríos de Galicia-Costa presentando unha declaración responsable. Ademais simplifica a tramitación, evítalle esperas aos cidadáns e facilita tamén o traballo dos técnicos da administración.

Augas de Galicia recibe unhas 1.200 solicitudes de autorización de obras que, en ocasións, poden saturar o servizo e adiarse na súa emisión. Non obstante, co novo decreto estímase que arredor do 40% destas solicitudes (entre 400 e 500) poderán acollerse á declaración responsable, axilizando as actuacións.

Cambio climáticoA conselleira tamén abordou neste encontro as novas circunstancias climáticas que obrigan, ás administracións públicas e aos técnicos especialistas en materia de augas, a anticiparse para xestionar situacións extremas.

A este respecto, lembrou que recentemente a Xunta aprobou a Lei de medidas de garantía de abastecemento en episodios de seca e en situación de risco sanitario.

Trátase dunha normativa que está en vigor desde o pasado 11 de xaneiro e que vén reforzar a planificación e a resposta coordinada das administracións fronte a períodos de escaseza de precipitacións, para garantir a auga en cantidade e calidade axeitadas á poboación.

Un dos obxectivos fundamentais da norma é acadar unha xestión axeitada de todo o ciclo integral da auga e para iso fixa que, nun período de 3 anos, as fugas das redes municipais de abastecemento deben situarse por debaixo do 20%.

Apuntou que para facilitarlle aos concellos a realización de auditorías nas súas redes, vaise habilitar en vindeiros meses unha liña de incentivos para a instalación de contadores, que serán obrigatorios nos puntos de captación e nos de subministración final.

Ademais o Goberno galego continúa coa liña de incentivos para axudar aos concellos na elaboración dos seus Plans de emerxencia fronte á seca.

Co obxectivo de previr posibles episodios de escaseza de precipitacións e garantir o abastecemento, Augas de Galicia está a avanzar nunha orde de incentivos a pequenas actuacións en traídas veciñais, que se prevé publicar nun mes.

Tamén se está a analizar a posibilidade de replicar noutros concellos proxectos exitosos como o LIFE Rural Supplies, que se levou a cabo en Abegondo, unha iniciativa pioneira para achegar solucións sostibles para pequenas redes de abastecemento rural.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre