Inicio Galicia A Xunta informa na Coruña sobre as axudas por 4,4 M? para...

A Xunta informa na Coruña sobre as axudas por 4,4 M? para que o comercio de proximidade innove e aposte pola sustentabilidade

0

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, explicou as dúas novas convocatorias, que se poden solicitar ata o vindeiro 23 de marzo

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, informou hoxe aos comerciantes coruñeses dos diferentes programas de axudas activados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para impulsar a innovación e a dixitalización do sector, que contan cun orzamento de 4,4 millóns de euros e que están abertas á presentación de solicitudes ata o vindeiro 23 de marzo.

Tal e como sinalou Sol Vázquez, no marco da iniciativa Comercio 360, por un lado, activouse o programa para apoiar a innovación, a dixitalización e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal. Poderán optar pemes de menos de 20 traballadores ou de menos de 50 no caso de accións de expansión comercial e Pop Up.

Por outra parte, tamén se activou a liña de axudas para apoiar actuacións de ecoinnovación comercial, entre as que se inclúen a instalación de máquinas de reciclaxe de envases, utilización de ecoenvases e medidas de economía circular. Nas dúas liñas terase en conta como criterio de valoración a adhesión dos solicitantes ao programa e-ticket e á rede Comercio e Mercados no Camiño 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre