Inicio Galicia A Xunta informa en Santiago sobre as diferentes liñas de apoio abertas...

A Xunta informa en Santiago sobre as diferentes liñas de apoio abertas para apoiar a innovación empresarial

0

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou nunha xornada sobre a nova convocatoria xestionada polo CDTI para impulsar grandes iniciativas estratéxicas


A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou nunha xornada de presentación da nova convocatoria xestionada polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), Misións de Ciencia e Innovación, destinada a impulsar grandes iniciativas estratéxicas de innovación empresarial.

No acto, Argerey presentou as liñas de apoio que a Axencia Galega de Innovación ten actualmente abertas para apoiar a I+D+i como a convocatoria de InnovaPeme para financiar plans de innovación de pemes e microempresas; os programas para apoiar a contratación de persoal para realizar actividades de I+D+i, Talento Sénior e Principia ou as Unidades Mixtas de Investigación, alianzas entre empresas e organismos de investigación para realizar grandes proxectos estratéxicos para Galicia, entre outras.

Misións Ciencia e InnovaciónO Programa Misións Ciencia e Innovación, cofinanciado con fondos FEDER a través do programa operativo plurirrexional de España 2014-2020, ten como obxectivo apoiar grandes iniciativas estratéxicas, intensivas en I+D e levadas a cabo en colaboración público-privada, que incorporen as tendencias e retos científico-técnicos máis recentes para resolver retos relevantes da sociedade.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre