Inicio Galicia A Xunta informa en Santiago das medidas para favorecer o emprendemento e...

A Xunta informa en Santiago das medidas para favorecer o emprendemento e a consolidación do emprego autónomo

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, abriu a xornada ‘Claves para impulsar o emprego autónomo’, na que tamén participou o secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Borja Verea


O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, destacou hoxe en Santiago de Compostela, durante a inauguración da xornada Claves para impulsar o emprego autónomo en Galicia, organizado por APE e celebrada na sede de Compostela Monumental, que a Xunta apoia o emprego autónomo con medidas que favorecen tanto o emprendemento como a consolidación deste colectivo.

A xornada, en cuxo peche participou o secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, tratou cuestións como as solucións aos problemas do emprego autónomo; os retos e vantaxes do mesmo, así como as liñas de apoio que ofrece a Xunta. A Administración autonómica está comprometida con este colectivo -no que 1 de cada 5 traballadores galegos é autónomo- a través da Estratexia Autónomo 2020, na que se intenta apoiar o inicio de actividade, a súa consolidación e o relevo.

Así, entre as medidas a disposición dos emprendedores destacan o Bono Autónomo; o Bono Concilia; as axudas para facer contratacións que incluirán un bono de formación; e en 2020 poñeranse en marcha os bonos de nova oportunidade e de relevo. Toda a información está dispoñible a través da Oficina do Autónomo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre