Inicio Galicia A Xunta informa en Lugo de que o vindeiro luns remata o...

A Xunta informa en Lugo de que o vindeiro luns remata o prazo da nova convocatoria dos programas integrados de emprego

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, mantivo un encontro cos usuarios do programa que desenvolve a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, lembrou esta mañá en Lugo que o vindeiro luns, 2 de marzo, remata o prazo da nova convocatoria dos programas integrados de emprego, unha iniciativa dirixida a mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral das persoas desempregadas.

A medida está dirixida a concellos e entidades. Entre os criterios de selección dos proxectos que se presenten, destacan as características dos colectivos que hai que atender; a participación no proxecto do tecido empresarial existente no territorio; os recursos humanos e materiais; os obxectivos comprometidos en materia de inserción laboral; a experiencia acreditada; ou ser Concello Emprendedor. A contía máxima da axuda por cada persoa desempregada participante será de 2500 euros. Nesta nova edición volve haber unha modalidade de programas destinados en exclusiva para as mulleres.

O director xeral asistiu esta mañá a un encontro cos usuarios do programa integrado de emprego que organiza a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo. Nel participan un total de 100 persoas de Lugo e Monforte de Lemos que poderán acceder ao certificado de profesionalidade de operacións básicas de restaurante e bar. De xeito paralelo reciben formación transversal en tics e idiomas, así como en igualdade de xénero ou desenvolvemento sostible. O programa ofrece outro tipo de accións de orientación, así como visitas a feiras de emprego, axencias de colocación ou reunións con empresarios e porá a disposición dos participantes ferramentas para a busca de emprego e medidas de colocación.

Casal insistiu na necesidade de que as diferentes administracións e entidades colaboren e aposten pola formación co obxectivo de crear máis e mellor emprego para toda a Comunidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre