Inicio Galicia A Xunta informa do recente desbloqueo das pensións non contributivas para os...

A Xunta informa do recente desbloqueo das pensións non contributivas para os pensionistas retornados de Venezuela

0

Galicia levaba meses reclamando a actualización dos tipos de cambio do bolívar, que veñen de aplicarse e abren a porta a dúas prestacións aboadas pola Administración autonómica: o complemento ás pensións non contributivas e a Risga


A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, informaron ao presidente da Asociación de pensionados y jubilados de Venezuela en Galicia (Apejuveg), Andrés Varenkow, do recente desbloqueo da situación que están a vivir os pensionistas retornados deste país suramericano. Ata o momento, tiñan recoñecido o dereito a unha pensión que Venezuela non lles aboaba de xeito efectivo, pero se lles impedía o acceso ás prestacións sociais ás que teñen dereito pola súa situación económica real.

En concreto, o Banco de España acaba de actualizar as súas táboas de conversión, que se adaptan ao novo tipo de cambio do bolívar tras a última depreciación aplicada polo Goberno venezolano. Isto diminúe drasticamente o importe ao que teoricamente teñen dereito estes pensionistas e ábrelles a porta a percibir unha pensión non contributiva e unha prestación social aboada pola Xunta: ora o complemento extraordinario ás pensións non contributivas (para as persoas de 65 anos ou máis) ora a Risga (para as persoas de menos de 65 anos).

Leer más:  La Xunta inaugura un museo de arqueología en Ons con el fin de dar a conocer los restos patrimoniales descubiertos en la isla

Fabiola García e Antonio Rodríguez Miranda amosaron a súa satisfacción por que a Administración Xeral do Estado aplicase esta actualización, unha reclamación na que Galicia leva meses insistindo.

Axudas ao retorno asistencialOs galegos retornados recentemente de Venezuela tamén teñen á súa disposición as axudas extraordinarias ao retorno. Só en 2017, 255 galegas e galegos procedentes deste país suramericano se beneficiaron deste programa, que se traduciu en preto de medio millón de euros. Respecto á convocatoria de 2018, que está en proceso de resolución, o 83% das 623 solicitudes corresponden a persoas que retornaron desde Venezuela.


- Te recomendamos -