Inicio Galicia A Xunta informa de que prazo de solicitudes para o novo programa...

A Xunta informa de que prazo de solicitudes para o novo programa para facilitar a contratación de menores de 30 anos pecharase esta semana

0

As entidades locais interesadas nestes apoios aos que se destinarán 7M€ poden presentar as súas solicitudes ata o 21 de febreiro

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, lembrou esta mañá en Paderne de Allariz que o vindeiro venres, 21 de febreiro, pechará o prazo de solicitude da nova orde de axudas de formación e aprendizaxe para menores de 30 anos; e o luns, 24 de febreiro, a terceira edición dos obradoiros duais de emprego, programas que teñen como obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas participantes e facilitar a súa inserción no mercado laboral.

A Xunta ofrece este ano un novo programa destinado a menores de 30 anos no que se investirán 7M€ para que as entidades locais poidan desenvolver iniciativas de formación e aprendizaxe acompañadas dun contrato de traballo en empresas do sector, cunha duración total de 18 meses. Agárdase apoiar 20 proxectos e ofrecer 300 prazas para mozos e mozas desempregados.

A iniciativa complementa aos obradoiros duais que este ano celebran a súa terceira edición para a que contarán cunha dotación de 23,2M. A medida, un programa mixto de emprego e formación mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral, ten como obxectivo apoiar 66 proxectos e ofrecer 1400 prazas.

Casal mantivo hoxe un encontro co alumnado do obradoiro Manco Xove III impulsado por dez concellos da comarca de Ourense (Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas, Esgos, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, Xunqueira de Espadanedo, Maceda, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía e Pereiro de Aguiar).

Un total de 16 mozos e mozas de entre 18 e 29 anos están recibindo formación en materia de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas -coa que poderán acceder ao correspondente certificado de profesionalidade- que complementan con prácticas centradas na aplicación de tratamentos silvícolas en diferentes zonas dos concellos participantes.

Na súa intervención, o director xeral destacou o novo modelo de formación para o emprego, dual e flexible que se aplica no Plan galego de formación para o emprego e que ten como obxectivo contar cunha Galicia máis preparada. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre