Inicio Galicia A Xunta informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata...

A Xunta informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h. De hoxe

0

Extinguidos os lume rexistrados nos concellos da Mezquita, parroquia de Castromil, e do Carballiño, parroquia homónima

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h. de hoxe.

A MezquitaO incendio rexistrado onte ás 14,50 h. no concello da Mezquita, parroquia de Castromil, quedou extinguido ás 20,04 h. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 27,7 hectáreas, das cales 3,9 foron de monte arborado e o resto de monte raso. Na súa extinción traballaron 3 axentes, 4 brigadas, 2 motobombas e 2 helicópteros.

O CarballiñoRespecto ao lume do municipio do Carballiño, parroquia homónima, que comezou onte ás 16,01 h., tamén quedou extinguido ás 22,37 h. Finalmente, segundo as últimas medicións, a superficie afectada foi de 23 hectáreas, 18 de monte arborado e 5 de monte raso. No lugar actuaron 3 axentes, 5 brigadas, 3 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre