Inicio Galicia A Xunta informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata...

A Xunta informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe

0

Segue activo o lume que afecta aos concellos coruñeses de Dodro e Rianxo, no que se decretou a Situación 2 como medida preventiva e que afecta a unhas 550 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.

Dodro-RianxoContinúa activo o incendio que afecta aos concellos coruñeses de Dodro e Rianxo. Iniciouse onte ás 20,09 h. na parroquia de San Xoán de Laíño, en Dodro, e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie dunhas 550 hectáreas. Esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada.

Neste lume foi preciso decretar a Situación 2, como medida preventiva pola súa proximidade ao núcleo de Meiquiz, na parroquia rianxeira de Leiro. Para o seu control mobilizáronse 1 técnico, 18 axentes, 16 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros, 2 avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

As Pontes de García RodríguezÁs 13,11 h. quedou controlado o incendio no municipio coruñés das Pontes de García Rodríguez, na parroquia do Freixo, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 15 hectáreas de monte raso. Este lume iniciouse en dous lugares distintos da mesma parroquia, polo que todo indica que foi intencionado. Un deses lumes comezaba ás 21,56 h. de onte e quedou xa extinguido ás 01,48 h. desta madrugada. Afectou 1,3 hectáreas de monte raso e nel actuaron 1 axente, 3 brigadas e 1 motobomba. No foco controlado este mediodía, que se iniciaba ás 23,46 h. de onte, traballaron 5 axentes, 7 brigadas e 4 motobombas.

Lousame-NoiaEstá tamén controlado desde as 10,42 h. o incendio localizado nos concellos coruñeses de Lousame e Noia, que afecta unha superficie de 78 hectáreas, das cales 73 son de monte arborado e as 5 restantes de raso, segundo as últimas estimacións provisionais, que se concretarán en canto se parametrice o lume.

Este incendio rexistrou ata tres focos en Lousame, parroquia de Tállara, que se iniciaban de xeito simultáneo arredor da pasada medioanoite, motivo polo que todo indica que tamén foi provocado. Estes focos uníronse despois cun cuarto xa no municipio de Noia (parroquia de Argalo). Para controlar este incendio mobilizáronse 9 axentes, 5 brigadas, 5 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre