Inicio Galicia A Xunta informa ás entidades locais da Coruña da nova convocatoria de...

A Xunta informa ás entidades locais da Coruña da nova convocatoria de axudas para a promoción da Igualdade, dotada con máis de 6,4 M ?

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, explicou esta liña de subvencións, que en 2019 supuxeron un investimento de máis de 1,8 M€ na provincia e beneficiaron a máis dun cento de concellos coruñeses

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, informou hoxe na delegación territorial da Xunta na Coruña da nova convocatoria de axudas da Xunta a entidades locais para a promoción da igualdade que se publicou no Diario Oficial de Galicia o pasado 31 de xaneiro. O Goberno galego destinará este ano a esta orde máis de 6,4 millóns de euros en dúas anualidades, o que supón un incremento dun 20% respecto aos 5,3 millóns da convocatoria de 2019.

López Abella dou a coñecer hoxe os distintos programas que a Secretaría Xeral da Igualdade financia ao abeiro destas axudas e que o pasado ano supuxeron un investimento de máis de 1,8 millóns de euros na provincia da Coruña e beneficiaron a máis dun cento de entidades locais coruñesas, tanto para proxectos individuais como de xestión compartida. A Xunta pretende apoiar con esta convocatoria actuacións que se están a levar a cabo desde as administracións locais para previr e eliminar a violencia de xénero, favorecer a conciliación, apoiar á Rede de Centros de Información a Muller (CIM) da nosa comunidade e apostar pola igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. A convocatoria que se vén de publicar no DOG engloba catro programas: o de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar; o de promoción da igualdade e de prevención e tratamento da violencia de xénero; o de apoio aos Centros de Información á Muller (CIM); e unha cuarta iniciativa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres. Este último programa está financiado ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e os tres anteriores cofinanciados polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020. O importe principal destínase ao funcionamento dos 82 Centros de Información ás Mulleres da nosa comunidade, que contará cun orzamento de 4,5 millóns de euros. Ao abeiro deste programa financiarase a atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade por profesionais do CIM que ocupan os postos de traballo de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero. Cada entidade pode recibir como máximo 45.000 euros e ata 120.000 euros no caso das peticións conxuntas. No caso da Coruña, na convocatoria do ano pasado os 29 centros que funcionan na provincia recibiron máis dun millón de euros que contribuíron ao mantemento de 67 postos de traballo.

A liña destinada ao fomento da conciliación conta este ano cun orzamento de 800.000 euros e permitirá fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes a través de medidas de conciliación dos seus tempos persoais, laborais e familiares. A contía máxima por entidade local por este programa é de 12.000 euros no caso de solicitude individual, e ata 22.000 euros se é para a xestión compartida. O ano pasado 32 concellos coruñeses beneficiáronse desta medida, cun investimento de máis de 330.000 euros.

Por outra parte, o programa de promoción da igualdade e de prevención e tratamento da violencia de xénero conta cun orzamento de 352.000 euros. Entre as actuacións subvencionables destacan as intervencións con mulleres vítimas de violencia de xénero, as súas fillas e fillos e as persoas delas dependentes, ademais de accións contra a explotación sexual e a prostitución. O importe máximo que pode recibir unha entidade local por este programa é de 10.000 euros para as solicitudes individuais, e de 20.000 euros se é conxunta entre varios concellos. Ao abeiro desta liña 17 concellos da provincia da Coruña recibiron axudas en 2019 cun orzamento de case 117.000 euros.

Pacto de Estado contra a Violencia de XéneroO ano pasado incorporouse un novo programa, financiado no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, para levar a cabo medidas de sensibilización, información e difusión sobre a promoción da igualdade e a prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres. Na convocatoria deste ano destinarase 800.000 euros a esta liña, para a que se establece cunha contía máxima de 8.000 euros cando se trata dunha solicitude individual e de 10.000 euros para a xestión compartida. Na convocatoria de 2019, a Xunta repartiu case 300.000 euros entre un total de 53 entidades locais da provincia da Coruña para iniciativas deste tipo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre