Inicio Galicia A Xunta informa aos concellos ourensáns da nova convocatoria de axudas para...

A Xunta informa aos concellos ourensáns da nova convocatoria de axudas para a promoción da igualdade que en 2019 supuxeron para a provincia máis dun millón de euros

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, explicaron esta liña de subvencións cuxo investimento medrou nun 20 por cento respecto a 2019


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantiveron esta mañá unha xuntanza coas persoas responsables e persoal técnico dos concellos da provincia ourensá para informarlles da nova convocatoria do Goberno galego de axudas e subvencións aos concellos para a promoción da igualdade, publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado venres. O Goberno galego destinará a este programa un importe de máis de 6,4 millóns de euros, o que supón o incremento dun 20% respecto ao ano 2019.

Ao abeiro da convocatoria pasada, 76 entidades locais da provincia de Ourense recibiron máis dun millón de euros.

Ao igual que o pasado ano, a convocatoria que se vén de publicar no DOG engloba catro programas: o de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar; o de promoción da igualdade e de prevención e tratamento da violencia de xénero; o de apoio aos Centros de Información á Muller (CIM); e unha cuarta iniciativa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres. Este último programa está financiado ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e os tres anteriores cofinanciados polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

López Abella e Díaz Mouteira indicaron que estas axudas están dirixidas a concellos, consorcios, mancomunidades ou agrupación ou asociacións de concellos e que o prazo de presentación de solicitudes é dun mes.

Accións subvencionablesA primeira da liña de axudas é o programa de fomento da conciliación, que permitirá aos beneficiarios tomar medidas para fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes a través da conciliación dos seus tempos persoais, laborais e familiares. Esta liña tamén financiará os bancos de tempo coa finalidade de facilitarlles ás persoas empadroadas no correspondente concello esta conciliación a través dun sistema articulado de intercambio destinado a subministrar servizos e/ou coñecementos, entre mulleres e homes, cuxa medida é a hora de tempo. Conta cun orzamento de 800.000 euros. A contía máxima que pode recibir unha entidade local por este programa é de 12.000 euros no caso de solicitude individual, e ata 22.000 euros se é unha solicitude para a xestión compartida ou dunha entidade resultante de fusión de varios concellos. Na pasada convocatoria, a provincia ourensá recibiu 217.000 euros para financiar accións en 21 entidades locais (20 concellos e unha mancomunidade) e que agrupan a 29 concellos.

A segunda liña de axudas está destinada ao programa de promoción da igualdade e prevención e tratamento integral da violencia de xénero, grazas á cal as entidades locais poderán subvencionar accións de intervención orientadas a mellorar a situación das mulleres vítimas de violencia de xénero, das súas fillas e fillos, así como das persoas delas dependentes e actuacións dirixidas á loita contra a explotación sexual, en xeral, e a prostitución en particular. O orzamento desta liña de axudas é de 352.000 euros, e a contía máxima que pode recibir unha entidade local por este programa é de 10.000 euros no caso dunha solicitude individual, e de 20.000 euros se é unha solicitude conxunta de varios concellos. Ao abeiro desta liña 7 concellos ourensáns recibiron axudas en 2019 cun orzamento de máis de 47.000 euros.

O programa de apoio á rede de Centros de Informacións á Muller (CIM) existentes en Galicia, integrada por 82 centros dos que 15 pertencen á provincia de Ourense, é a liña de maior dotación, cun orzamento de máis de 4,4 millóns de euros. Cada entidade pode recibir como máximo 45.000 euros e ata 120.000 euros no caso das peticións conxuntas. No caso de Ourense, na pasada convocatoria os centros que funcionan na provincia recibiron máis 630.000 euros que contribuíron ao mantemento de 40 postos de traballo. Ao abeiro deste programa financiarase a atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade por profesionais do CIM que ocupan os postos de traballo de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero.

Pacto de EstadoA convocatoria publicada este ano mantén o programa que se incorporou en 2019, financiado no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, para levar a cabo medidas de sensibilización, información e difusión sobre a promoción da igualdade e a prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres. Na convocatoria deste ano destinarase 800.000 euros a esta liña, para a que se establece cunha contía máxima de 8.000 euros cando se trata dunha solicitude individual e de 10.000 euros para a xestión compartida. O pasado ano, a Xunta repartiu máis de 170.000 euros entre 27 entidades locais da provincia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre