Inicio Galicia A Xunta informa aos concellos lugueses da nova convocatoria de axudas para...

A Xunta informa aos concellos lugueses da nova convocatoria de axudas para a promoción da igualdade que en 2019 supuxeron para a provincia preto de 700.000 euros

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicaron esta liña de subvencións cuxo investimento medra un 20 por cento respecto a 2019


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantiveron esta mañá unha xuntanza con representantes dos concellos lugueses para informarlles da nova convocatoria do Goberno galego de axudas e subvencións ás entidades locais para a promoción da igualdade, publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado venres.

A Xunta destinará a este programa un importe de máis de 6,4 millóns de euros, o que supón o incremento dun 20% respecto ao ano 2019. En global, ao abeiro da convocatoria pasada, 48 entidades locais da provincia de Lugo recibiron 688.867 euros.

Catro programas de apoioAo igual que o pasado ano, a convocatoria que se vén de publicar no DOG engloba catro programas: o de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar; o de promoción da igualdade e de prevención e tratamento da violencia de xénero; o de apoio aos Centros de Información á Muller (CIM); e unha cuarta iniciativa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres. Este último programa está financiado ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e os tres anteriores cofinanciados polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

López Abella apuntou que estas axudas están dirixidas a concellos, consorcios, mancomunidades ou agrupación ou asociacións de concellos e que o prazo de presentación de solicitudes é dun mes.

Centros de información á Muller (CIM)A primeira liña de axudas é o programa de apoio á rede de Centros de Informacións á Muller (CIM) existentes en Galicia, integrada por 82 centros dos que 11 pertencen á provincia de Lugo, é a liña de maior dotación, cun orzamento de máis de 4,4 millóns de euros. Cada entidade pode recibir como máximo 45.000 euros e ata 120.000 euros no caso das peticións conxuntas.

No caso de Lugo, na pasada convocatoria os 11 centros que funcionan na provincia recibiron 493.000 euros que contribuíron ao mantemento de 28 postos de traballo. Ao abeiro deste programa financiarase a atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade por profesionais do CIM que ocupan os postos de traballo de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero.

Fomento da conciliaciónOutro das liñas apoiadas é o programa de fomento da conciliación, que permitirá ás entidades locais beneficiarias tomar medidas para fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes a través da conciliación dos seus tempos persoais, laborais e familiares. Esta liña tamén financiará os bancos de tempo coa finalidade de facilitarlles ás persoas empadroadas no correspondente concello esta conciliación a través dun sistema articulado de intercambio destinado a subministrar servizos e/ou coñecementos, entre mulleres e homes, cuxa medida é a hora de tempo. Conta cun orzamento de 800.000 euros. A contía máxima que pode recibir unha entidade local por este programa é de 12.000 euros no caso de solicitude individual, e ata 22.000 euros se é unha solicitude para a xestión compartida ou dunha entidade resultante de fusión de varios concellos.

Na pasada convocatoria, a provincia luguesa recibiu case 108.000 euros para financiar accións en 11 concellos.

Promoción da igualdade e prevención integral da violencia de xéneroA segunda liña de axudas está destinada ao programa de promoción da igualdade e prevención e tratamento integral da violencia de xénero, grazas á cal as entidades locais poderán subvencionar accións de intervención orientadas a mellorar a situación das mulleres vítimas de violencia de xénero, das súas fillas e fillos, así como das persoas delas dependentes e actuacións dirixidas á loita contra a explotación sexual, en xeral, e a prostitución en particular. O orzamento desta liña de axudas é de 352.000 euros, e a contía máxima que pode recibir unha entidade local por este programa é de 10.000 euros no caso dunha solicitude individual, e de 20.000 euros se é unha solicitude conxunta de varios concellos.

Na convocatoria anterior (2019) tres concellos recibiron para este concepto 12.300 euros.

Pacto de EstadoA convocatoria publicada este ano mantén o programa que se incorporou en 2019, financiado no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, para levar a cabo medidas de sensibilización, información e difusión sobre a promoción da igualdade e a prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres. Na convocatoria deste ano destinarase 800.000 euros a esta liña, para a que se establece cunha contía máxima de 8.000 euros cando se trata dunha solicitude individual e de 10.000 euros para a xestión compartida.

Ao abeiro desta liña 15 concellos de Lugo recibiron axudas en 2019 cun orzamento de máis de 76.580 euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre