Inicio Galicia A Xunta informa aos comerciantes santiagueses das axudas para impulsar a innovación...

A Xunta informa aos comerciantes santiagueses das axudas para impulsar a innovación e a sustentabilidade no sector

0

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, explicou as dúas novas convocatorias, que contan cun orzamento de 4,4 millóns de euros e que se poden solicitar ata o vindeiro 23 de marzo


A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, informou hoxe aos comerciantes de Santiago de Compostela dos diferentes programas de axudas activados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para impulsar a innovación e a dixitalización do sector, que contan cun orzamento de 4,4 millóns de euros e que están abertas á presentación de solicitudes ata o vindeiro 23 de marzo.

Tal e como sinalou Sol Vázquez, no marco da iniciativa Comercio 360, por un lado, activouse o programa para apoiar a innovación, a dixitalización e novas fórmulas de comercialización no sector comercial e artesanal, que ofrece axudas para actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2019 e o 20 de outubro de 2020. Poderán optar pemes de menos de 20 traballadores ou de menos de 50 no caso de accións de expansión comercial e Pop Up.

Por outra parte, tamén se activou a liña de axudas para apoiar actuacións de ecoinnovación comercial, entre as que se inclúen a instalación de máquinas de reciclaxe de envases, utilización de ecoenvases e medidas de economía circular. Nas dúas liñas terase en conta como criterio de valoración a adhesión dos solicitantes ao programa e-ticket e á rede Comercio e Mercados no Camiño.

O encontro informativo, no que tamén se abordaron algunhas das novas tendencias no ámbito da dixitalización, celebrouse na praza de abastos de Santiago de Compostela.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre